A palabra romaría ou romaxe vén de “romeiro”, o que peregrina con rumbo a Roma. Daquela, a súa orixe está na celebración católica da peregrinaxe a un santuario ou ermida. Moitas destas localizacións están ubicadas nun lugar con importancia xeográfica precristiá: O escenario adoita ser un entorno natural destacado, que representa un punto de encontro ou encrucillada, en bosques, carballeiras, na ribeira dun río, ollando para o mar ou ao pé de pedras xigantescas ou fontes consideradas milagreiras.
O Faro de Chantada, a Tegra na Guarda, o Pico Sacro de Compostela ou o Viso en Lobios son alguns destes lugares que chaman pola espiritualidade desde hai milenios. De feito, moitas destas festas teñen data coincidente con celebracións pagáns, como as mudanzas de estación.

Fotografías: turismo.gal
Onde se xunta a xente sube o nivel da alegría, e de forma espontánea terían aparecido os cánticos. A música tradicional é a máis arraigada neste tipo de celebracións, conectadas co reforzo da comunidade, que se identifica e representa através das coplas, da percusión tradicional e do son das gaitas. Deste xeito refórzase todo un repertorio estético e cultural que se mantén vivo por todo o país.
Co paso do tempo, algunhas romerías consolidáronse como encontro e festa, aproveitándose tamén para a venda de produtos, e nalgúns casos, ampliáronse como importantes festas gastronómicas. Hoxe moitas delas son consideradas Festas de Interese Turístico.
Deste xeito, o fenómeno relixioso complexízase, sendo un encontro cultural interxeracional, que reafirma os lazos da comunidade e onde acontece un ritual de coesión social, coa música como umha das manifestacións protagonistas. Nomeadamente, a música tradicional; aínda que tamén pode deixar espazo a outras actuacións artísticas, como orquestras, e por suposto, se faltar o barullo dos foguetes. Ademais, acompáñase dun engalanamento do lugar con luces, bandeiras e os seus imprescindíbeis postos de rosquillas.

Fotografías: turismo.gal
Romarías de masas
As celebracións son múltiples ao longo de toda a xeografía galega e extendidas no calendario, sendo entre a primavera e o outono tantas as propostas que se pisan en datas, habendo grandes romarías en simultáneo en moitas comarcas. Así -e que algunhas fins de semana tocará escoller.
Algunhas romarías pasaron de seren unha referencia local, de celebración entre a veciñanza, a se converter nun atractivo turístico importante, desbordado o seu carácter comunitario. Así é na Romaría do Corpiño da parroquia de Santa Baia de Losón en Lalín, nos Milagres de Amil do concello de Moraña, nos Caneiros de Betanzos, no famoso Santo André de Teixido -a onde irás de morto se non vas de vivo- ou no Santo Brais de Briallos, no concello de Portas. Contodo, tanto nas romarías grandes como nas pequenas, escóitanse aturuxos e convites ao baile. Así que, vaias á romaría que vaias, non vaias sen o teu instrumento!

Fotografía: @wikimedia commons