Como se fai unha gaita?

[vc_row][vc_column][vc_column_text]A partir duns planos ancorados na tradición galega, construír cada gaita é un proceso longo que comeza nos bosques. Dunha árbore madura sae a madeira para a música, e a súa selección é o primeiro paso. Pablo Martínez Musical ofrece tanto buxo galego como unha ampla selección de madeiras de importación: Évano, Pau Violeta, Pau Rosa, Pau Ferro, Coco-bolo, Bubinga, Pequia e Granadillo, que tamén distribuímos para outros artesáns. Cada madeira ten características específicas e un tempo de secado diferente. No caso do buxo, por exemplo, precisa arredor de vinte anos de secado en tronco. Despois, a madeira córtase en bloques e selecciónanse as pezas máis estables, onde as betas son máis lisas e sen nós, e a cor sexa similar. Unha vez escollidos os toros, cilíndrase e comeza o traballo no torno, redondeando as pezas e furándoas. Logo disto vén outro período de secado de varias semanas, a depender de cada madeira.

 

A arte do torno

As pezas van aproximándose aos poucos á súa forma definitiva, seguindo sempre uns planos, un debuxo inicial que coa experiencia está igual de nítido no papel e na mente do artesán.
Dun bloque de madeira conséguese chegar ás medidas exactas que require cada peza, segundo a súa afinación. Trabállase con coidado e exactitude segundo se aproxima á forma e tamaño final. Cando se chega á forma das liñas definitivas colócanse os aneis, ensámblanse as pezas. Chega entón o torneado e posteriormente a fase de lixado. Pásanse seis ou sete tipos de lixas até conseguir o pulido idóneo. Despois aplícase unha capa de goma laca para tapar algún poro e líxase de novo. Finalmente remátase cun tratamento da madeira con pulimento ou outra imprimación segundo o caso e temos as pezas preparadas. Co instrumento montado, chega o momento da afinación.
[/vc_column_text][mvc_ihe border_width=”0″ hover_effect=”ihe-fade square effect6 from_top_and_bottom” image_id=”91990″ alt=”Gaitas” caption_url=”url:https%3A%2F%2Fwww.pablomartinezmusical.com%2Fproducto%2Fgaita%2F|title:Gaitas||”]

Gaitas

[/mvc_ihe][vc_column_text css=”.vc_custom_1569782012985{margin-top: 4vw !important;}”]

Configuración musical

Cada punteiro, cada ronco, cada peza sonora ten a medida exacta segundo a tonalidade escollida, tanto interior (polo tipo de buraco interior) como exterior (polo longo que sexa). A afinación das gaitas producidas no obradoiro de Pablo Martínez abarcan os seguintes tons: re, do sostido, do natural, si natural, si bemol, la e sol. As máis frecuentes son en do natural e en si bemol, xa tradicionalmente o dominante eran estes tons, entre un do agudo, brillante, e un si. Logo, durante o uso, unha das nocións básicas para manter a correcta afinación da gaita é manter un bo tempero, controlar a saída constante de aire para que non oscile o son.
Para alén da afinación, na sonoridade tamén inflúe a madeira, canto máis compacta é a madeira máis estridente, máis forte, vai ser o son, e canto máis porosa, terá un matiz sonoro máis suave.
[/vc_column_text][vc_row_inner][vc_column_inner width=”1/2″][mvc_ihe border_width=”0″ hover_effect=”ihe-fade square effect6 from_top_and_bottom” image_id=”85324″ alt=”Materiais” caption_url=”url:https%3A%2F%2Fwww.pablomartinezmusical.com%2Fcategoria-producto%2Fconstruccion-mantenimiento%2F|||”]

Materiais

[/mvc_ihe][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”1/2″][mvc_ihe border_width=”0″ hover_effect=”ihe-fade square effect6 from_top_and_bottom” image_id=”78405″ alt=”Componentes para gaitas” caption_url=”url:https%3A%2F%2Fwww.pablomartinezmusical.com%2Fcategoria-producto%2Fviento%2Fgaitas%2Fcomponentes-gaitas%2F|||”]

Componentes para gaita

[/mvc_ihe][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_column_text css=”.vc_custom_1569781042453{margin-top: 4vw !important;}”]

Mantemento

O mais importante para a correcta conservación da gaita é que non sufra mudanzas de temperatura bruscas, evitar temperaturas extremas, e gardala preferentemente colgada, xa que deitada as pezas tenden a curvar co paso dos anos. Con respecto á transpiración, a introdución dos foles de goretex resolveu en grande medida esta cuestión, aínda así é apropiado, cando se tarde máis dun par de semanas en tocar, sacar o soplete para que transpire. E finalmente, é recomendable non humedecer as palletas, antes era unha práctica frecuente, pero é desnecesario e acurta moito a vida destas pezas. Así, alóngase a vida da gaita, que é unha peza única, e un recurso do futuro.[/vc_column_text][mvc_ihe border_width=”0″ hover_effect=”ihe-fade square effect6 from_top_and_bottom” image_id=”91986″ alt=”Instrumentos de vento” caption_url=”url:https%3A%2F%2Fwww.pablomartinezmusical.com%2Fcategoria-producto%2Fviento%2F|||”]

Gaitas

[/mvc_ihe][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_empty_space height=”42px”][/vc_column][/vc_row]