Con máis de 350 anos de historia, a festividade do Santo Brais, que cadra no 3 de febreiro, é unha das celebracións de inverno que quenta o corazón de toda a comarca de Vigo.
Considerada unha das festas tradicionais máis populares de Galiza, convoca a millares de persoas todos os anos na parroquia viguesa de Bembrive, e demostra que tamén as cidades do noso país conservan e celebran con foliadas e romerías.
Para as persoas devotas, existe a crenza de que poñen unha vela ao santo protexe contra as doenzas da gorxa, un mal frecuente nesta época do ano.
E ademais do aspecto relixioso, do San Brais é ben coñecido o viño e a comida -nomeadamente cocido – dos furanchos da zona.
Imaxe das Fiestas de San Blas de 1977. Foto: VigoNaRetina
Entrar na casa, até a cociña
Os furanchos, coñecidos particularmente nas Rías Baixas, son vivendas particulares que abren algún espazo da casa onde venden a visitantes o excedente da colleita familiar de viño. Normalmente é habilitado un garaxe ou galpón onde se improvisa algo similar a unha taberna, en que tamén se ofrece algún prato básico de comida tradicional, como racións de tortilla, zorza ou chourizos, aínda que o cocido é o plato estrela. A hospitalidade da veciñanza é, sen dúbida, un dos pontos fortes da festa.
Até 25 son os furanchos abertos, entre outros o Acosta, o Alboio do Correa, o Arroutadas, o Barallotas, O do Barril, o Bike pra baixo, a Blasa, O Bombeiro, A Botica do Toñito, O Buraquiño, A Cabaña das Meigas, Chicha, O Chivo, o Comisión de Festas Parrocha, o Do Medio, O Novo San Blas, O Novo Pataquiño, Portas, O Recuncho, A Reventada, Rianxeira, Sete Toxos, O Submarino ou O 31.
A festa xa comezou!
A Irmandade de Festas San Brais en Santiago Apóstol de Bembrive xa enceta anticipadamente os festexos, e o pasado fin de semana do 10 e 11 de xaneiro, xa houbo ruada cos Paporrubio no Palco Vello, frente a igrexa. Pero aínda estás a tempo de achegarte, xa que os días grandes serán o 1, 2 e 3 de febreiro.
Eis a programación completa
- 10 de xaneiro (venres): 21h – Os Paporrubio (Itinerante)
- 11 de xaneiro (sábado): 20h – Serán Popular (No Palco Vello, é necesaria inscripción)
- 17 de xaneiro (venres): 21h – Naima Gaitas (Itinerante)
- 18 de xaneiro (sábado): 21h – Charrascás (Itinerante)
- 24 de xaneiro (venres): 21h – Pataghulhos (Itinerante)
- 25 de xaneiro (sábado): De 18h a 20h – Festicultores (Itinerante) e de 20h a 21:30h – Abóbriga (Itinerante)
- 31 de xaneiro (venres): 21h – Algarabía Folk (Itinerante)
- 1 de febreiro (sábado): De 18h a 19h30 – Carapas (No Palco do Torreiro) e de 20h a 22h – Son das Tabernas (No Palco do Torreiro)
Fotografía: Faro de vigo