O bodhrán é un tambor de marco, orixinario de Irlanda, que co tempo atravesou fronteiras até converterse nunha presenza habitual no folk de todo o mundo celta. O seu son é profundo, terroso, como un corazón que latexa e nos lembra que a música empeza sempre pola percusión.

De estrutura sinxela —un aro de madeira cun parche de pel tensado—, o bodhrán agocha unha expresividade sorprendente. O segredo está na man que se apoia na parte traseira da pel para modular a tensión, e no tipper, ese pequeno mazo dobre que marca o compás. Entre ambas mans, o intérprete pode crear dende un pulso grave e solemne até ritmos áxiles e cheos de matices, capaces de dialogar con gaitas, frautas ou violinos.

No obradoiro de Pablo Martínez Musical temos dous modelos, o Bodhrán afinábel, cun diámetro de 44 cm, que inclúe o mazo e unha chave Allen para axustar a tensión da pel. É unha opción ideal para quen busca un instrumento versátil e preciso. O sistema afinábel permite controlar a resposta do parche segundo o estilo de cada quen, algo fundamental se se queren explorar distintas técnicas e dinámicas.

E o Bodhrán negro con maza, fabricado en madeira de piñeiro e pintado en elegante cor negra, este modelo inclúe maza e destaca polo seu deseño sobrio e atractivo. Cun prezo máis accesíbel, convértese nunha excelente porta de entrada ao mundo do bodhrán, mantendo un son cálido e potente que encaixa perfectamente nas sesións de música tradicional. Ambos comparten a esencia: ser pontes cara ao ritmo celta, instrumentos que convidan a sentir o compás. 

Novembro semella un mes perfecto para redescubrir o bodhrán. Coas noites que se alongan e os encontros máis recollidos, o seu son grave acompaña a conversa, sostén a danza e crea comunidade. Non é só un tambor: é unha voz antiga que nos lembra que a música non nace no virtuosismo, senón no ritmo común.

Tanto se se quere experimentar por primeira vez coma se se busca un instrumento de calidade para seguir medrando, o bodhrán de Pablo Martínez é unha aposta segura. A madeira e a pel convértense en algo máis: un latexo que vibra e que convida a bailar.