Voltar ás aulas

Xunto co comezo do curso escolar, comezan moitas outras formacións que se axustan ao calendario do ensino. Así, para quen queira aproveitar o momento de estrea, tamén as escolas de música adoitan encetar o programa de estudos neste mes de setembro.

A formación musical é fundamental, xa que a música contribúe ao desenvolvemento da capacidade de abstracción e aumenta a capacidade intelectual através do son. Por isto, para alén das limitadas horas no ensino obrigatorio, dedicar un tempo extra á música permite desfrutar e aprender a un tempo. 

O luthier do noso obradoiro, Pablo Martínez, é tamén profe de gaita con 20 anos de experiencia, e combina o rigor e o coñecemento técnico tanto musical como do instrumento en si, cun interese xenuíno polas particularidades e ritmo de aprendizaxe de cada persoa, adaptándose sempre ás condicións individuais para facilitar pedagoxicamente a melloría nas competencias e desempeño.

Afinando una gaita

O traballo en grupos con ratios moi baixas, e a atención individualizada permite adaptarse a cada estudante. De feito, para alén do estrictamente musical, un dos aspectos máis valorados por parte do alumnado é o bo trato e proximidade na relación con Pablo Martínez, como docente. “Cada persona é un mundo, uns teñen facilidade para aprender, outros moito ouvido musical, con ou sen ritmo…”, destaca Pablo, sobre o seu labor. Os contidos van adaptados aos diferentes niveis, divididos en iniciación, nivel medio e nivel superior; aínda que poden crearse outros grupos, dependendo das necesidades do alumnado.  

Para alén de desenvolver o sentido do ritmo, identificar e distinguir os diferentes tipos de melodías ou aprender solfexo, as aulas de música son o ensaio das festas, un espazo para pasalo ben e desfrutar aprendendo.

Para as persoas interesadas en formación musical presencial, na comarca de Ourense, Pablo Martínez é docente, especializado en gaita, nos concellos de Cartelle e Barbadás.

En Cartelle, na Escola de música municipal, hai niveis adaptados, de iniciación para quen comeza de cero até perfeccionamento para as persoas que querer mellorar a técnica. As clases son no auditorio municipal os sábados, en horario de maña, e gratuítas para o alumnado, grazas ao financiamento do Concello. 

Tamén en Cartelle, Pablo Martínez é o Director musical da banda de gaitas Nova Fronteira, que conta cun equipo de dez docentes. Os ensaios son os mércores, xoves, venres e sábados, dependendo do instrumento e do nivel.

Para quen viva en Barbadás ou arredores, esta ano hai novidades, xa que Pablo Martínez asume a responsabilidade da xestión do Museo da Gaita de Fole, xunto con Beatriz Fernández, así que será este o espazo no que, entre outras actividades, se impartan obradoiros de música tradicional. A percusión da man de Beatriz, e a gaita con Pablo. 

Para saber máis detalles de horarios e prezos, podes consultar nos teléfonos de contacto do noso obradoiro:

+34 610 938 720

+34 988 383 301