O fol é unha das partes máis distintivas dunha gaita, de feito, o nome da gaita é propiamente “gaita de fol”. Nel é onde se almacena o aire que fai que soe o instrumento, así alivia o esforzo do soprar continuo. Colócase baixo o brazo da persoa instrumentista e require un control na presión, para que vaia temperada a gaita, xa que a constancia na saída do aire é fundamental para que o son sexa correcto.

Tradicionalmente o fol era de coiro, pero hoxe no noso obradoiro emprégase goretex canmore, un material sintético especialmente desenvolvido que mantén a sensación e peso dun fol de coiro tradicional, pero mellora as características técnicas de estabilidade, hixiene e durabilidade sen afectar ao son. É máis, en Pablo Martínez Musical Galega somos distribuidores oficiais de foles Canmore.
Fol Cordura modelo tradicional galego
€69.95 IVA Incl.Fol Gore-tex tradicional pequeño
€99.95 IVA Incl.Bo por dentro, bonito por fóra
Ademais da máxima calidade e innovación no deseño e material, o fol é unha das parte máis destacadas na presenza estética, engalanado con téxtil de diferentes cores e estampados. Podendo escoller nunha amplísima selección; das gamas lisas máis clásicas, aos estampados máis elegantes, sempre con tecidos de primeira calidade.