Pablo Martínez Musical: Instrumentos tradicionais

[vc_row][vc_column][vc_column_text]O noso obradoiro está enraizado en Bentraces, no Concello de Barbadás. Comezamos a fabricación de instrumentos de música tradicional con marca artesanía de Galicia no 2017. Pero o ritmo e o labor veñen de atrás; Pablo Martínez, as mans e o ritmo do noso obradoiro leva dende os once anos envolvido no mundo da música, como instrumentista e docente. E combina a formación musical co traballo de luthier, que encetou como aprendiz aos vinte e cinco anos da man de Fernando Forneiro.

 

Somos o que facemos

Pablo Martínez pola mañá dá clases, pola tarde fai instrumentos, e cando a xornada o permite, no serán, únese á foliada. O Conservatorio, a Real Banda de Gaitas de Ourense e a banda dos Trasnos do barrio ourensán do Vinteún foron unha escola fundamental. Como docente deu aulas en Entrimo, na Gudiña, en Vilariño de Conso, en Trives e en Esgos. Hoxe dirixe a Banda de Gaitas Nova Fronteira da Valenzá e tamén imparte aulas na escola municipal de música de Barbadás.

Como luthier acumula máis dunha década de formación e traballo, adicado a perfeccionar e afondar na técnica e mellora de cada instrumento.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_empty_space height=»42px»][vc_column_text]

Máxima esixencia en materiais e procesos

Pablo Martínez Musical combina a maior esixencia na selección de materiais e o perfeccionamento técnico na elaboración artesanal de cada instrumento con coñecementos musicais profesionais, maridaxe perfecta para chegar a facer de cada peza unha obra de deseño única, optimizada para lograr o son máis depurado. 

O alicerce é traballar con materias primas de primeiro nivel; contamos cos mellores proveedores para palletas, pallóns, peles para percusión, téxtil para vestidos e material para foles. En madeiras autóctonas seleccionamos o mellor buxo galego, e para as de importación dispomos dun proveedor punteiro: Maderas Barbes, sendo clientes e tamén distribuidores para o norte da península, incluíndo Portugal. Para os foles de novo buscamos a idoneidade e integramos materiais de vangarda como o gore-tex, para o que traballamos con Gore Tex Canmore, sendo clientes e tamén distribuidores da marca para España e Portugal.[/vc_column_text][vc_row_inner][vc_column_inner width=»1/2″][mvc_ihe border_width=»0″ hover_effect=»ihe-fade square effect6 from_top_and_bottom» image_id=»74159″ alt=»Madeiras» caption_url=»url:https%3A%2F%2Fwww.pablomartinezmusical.com%2Fcategoria-producto%2Fconstruccion-mantenimiento%2Fmaderas%2F|||»]

Madeiras

[/mvc_ihe][/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/2″][mvc_ihe border_width=»0″ hover_effect=»ihe-fade square effect6 from_top_and_bottom» image_id=»73845″ alt=»Foles» caption_url=»url:https%3A%2F%2Fwww.pablomartinezmusical.com%2Fcategoria-producto%2Fconstruccion-mantenimiento%2Ffoles%2F|||»]

Foles

[/mvc_ihe][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_column_text css=».vc_custom_1569778462977{margin-top: 4vw !important;}»]

Prioridade na innovación

A principal aposta é a investigación, conseguir un instrumento que abarque todas as necesidades do músico. A procura constante en materiais que dean os mellores resultados a nivel de son, estabilidade e durabilidade. De aí a prioridade na innovación, da que a integración dos foles de gore-tex son bo exemplo. 

A calidade e evolución no musical avanza, os instrumentistas son hoxe mellores que nunca, e cada detalle é importante para facer que os instrumentos estean á altura dos músicos máis esixentes. Pablo Martínez traballa a diario con atención a un son impecábel e coa destreza e exclusividade da realización manual, así un instrumento asinado por Pablo Martínez é unha peza de autor. Elaborado baixo demanda, personalizado ao detalle, no noso obradoiro deseñamos un instrumento exclusivo para ti.[/vc_column_text][vc_row_inner][vc_column_inner width=»1/2″][mvc_ihe border_width=»0″ hover_effect=»ihe-fade square effect6 from_top_and_bottom» image_id=»91969″ alt=»Pandeiretas» caption_url=»url:https%3A%2F%2Fwww.pablomartinezmusical.com%2Fcategoria-producto%2Fpercusion%2Fpanderetas%2F|||»]

Pandeiretas

[/mvc_ihe][/vc_column_inner][vc_column_inner width=»1/2″][mvc_ihe border_width=»0″ hover_effect=»ihe-fade square effect6 from_top_and_bottom» image_id=»74297″ alt=»Gaitas» caption_url=»url:https%3A%2F%2Fwww.pablomartinezmusical.com%2Fproducto%2Fgaita%2F|||»]

Gaitas

[/mvc_ihe][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row css=».vc_custom_1569776602975{margin-top: 4vw !important;}»][vc_column][vc_custom_heading text=»Se desexas coñecer os nosos produtos
podes botarlle unha ollada ó noso catálogo:» font_container=»tag:h5|font_size:18px|text_align:center» google_fonts=»font_family:Libre%20Baskerville%3Aregular%2Citalic%2C700|font_style:400%20regular%3A400%3Anormal»][vc_btn title=»TENDA» style=»outline» shape=»square» size=»lg» align=»center» css=».vc_custom_1574873159311{margin-top: 2vw !important;}» link=»url:https%3A%2F%2Fwww.pablomartinezmusical.com%2Ftienda-de-instrumentos-tradicionales-gallegos%2F||target:%20_blank|»][/vc_column][/vc_row]